Nós

Máis que unha marca.

By Pizpireta Telecom.

Nacemos co obxectivo de achegar o acceso a Internet ás zonas rurais con carencias de telecomunicacións na zona do Barbanza e do Salnés.

Despois de máis de 20 anos traballando con diferentes redes wisp, coma “Wifi Pobra” ou “Akiwifi Barbanza”, e de ser socio fundador da asociación wifi “Rianxo sen Cabos”, decidimos dar o salto o mundo das Fibras, Wimax e da Telefonía de xeito Profesional.

Pero facémolo como sempre o fixemos: con franqueza, humildade, sinxeleza e moito traballo.

Ademáis, non só che ofrecemos acceso a Internet e telefonía, se non tamén TV, Internet 4G sen límite de descarga e á tecnoloxía por enlace WiMax de Akiwifi.

Traballamos continuamente para ofrecerche novos servizos que che axuden a facer a vida máis fácil, sempre dende un trato próximo, local e de confianza. Buscando una relacións de éxito a longo prazo contigo.

Visita Pizpireta Telecom.

nos como marca

Internet Estés onde Estés

A mellor alternativa á fibra é sen dúbida o noso Internet Rural por Enlace WiMax. Grazas ás nosas redes WiMax de exterior e aos nosos repetidores, situados en lugares estratéxicos da nosa orografía e da túa cidade, Akiwifi Barbanza ofréceche a oportunidade de gozar da Internet a moi baixo prezo e coa mellor calidade
 
Coa simple instalación dunha das nosas antenas WiMax receptoras, na fachada ou no tellado de túa comunidade ou vivenda, brindarémosche acceso a Internet cunha baixa latencia e velocidade constantes. Tamén che instalaremos un router Wifi no interior de ti vivenda para que conectes todos os teus dispositivos sen fíos. Pero non te preocupes… Porque nós encargámonos totalmente da instalación, mantemento e posibles avarías que puidesen xurdir nos equipos Instalados.
 
Ademais, a nosa rede sen fíos está optimizada para Netflix, HBO, Amazon Prime e calquera outra plataforma de vídeo streaming, grazas aos nosos servidores BEquant.
 
Se tes dubidadas chámanos. Os nosos técnicos aconsellaranche a velocidade que mellor se adapte ás túas necesidades, para que pagues só polo que necesitas, e aclararán calquera dúbida que teñas.
 
Como adoitamos dicir en Akiwifi: Se unha Peli de Netflix dura 1 hora… Durará igualmente 1hora coa mellor conexión de FIBRA, que coa nosa conexión de AKIWIFI… GARANTIDO!
Logo FibraRianxo

A Mellor Fibra do mercado

O noso produto estrela en vendas, é a unión de fibra óptica cunha liña de telefonía fixa e polo menos unha liña móbil. Todo iso por un único prezo moi especial. Ademais da liña móbil incluída no paquete, regalámosche outra liña móbil extra GRATIS con chamadas ilimitadas e datos. Podes integrar ata 4 líñas móbiles da túa familia a prezos de risa.

Todas as nosas liñas móbiles contan con Tripla Cobertura a máxima velocidade 4G: Yoigo, Orange e Movistar, para que nunca quedes sen cobertura.

¿Que máis che podemos ofrecer coas nosas fibras?
 
  • Cobertura de Fibra Nacional: Zonas NEBA de Movistar, Rede Aberta Rianxo, Yoigo, Lyntia, Orange e Vodafone.
  • Atención ao cliente directa dende a nosa tenda da Pobra do Caramiñal: Pizpireta Telecom.
  • Utiliza WhatsApp para o teu día a día connosco: solicita facturas, cambios de conta bancarias, contratación, dúbidas, Información, etc.
  • Non che abandonamos. Acudimos a túa vivenda a resolver calquera tipo de problema que poida xurdir despois da contratación e durante a duración do contrato. Xa non terás habitacións sen wifi ou dispositivos sen internet en ti vivenda.
  • Poderás solicitar iP Pública variable gratis, ou Fixa por un prezo moi competitivo.
  • Contamos con App Móbil para xestións básicas e control de consumos.
  • Prezos imbatibles e sen sorpresas desagradables.

Estés onde estés, traballamos para ti

A filosofía dun operador local que nunca che abandona fronte o trato impersoal dos grandes operadores.